- Editorial: EDITORA OQO
- Año de edición: 2021
- Materia: Álbum ilustrado
- ISBN: 978-84-9871-436-4
- Páginas: 36
- Encuadernación: Cartoné
- Colección: Colección O
- Idioma: Gallego
14,90 €
Alerta disponibilidad online14,90 €
Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.
Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.
Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:
Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato
Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé
.
É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé.
Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar.
Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas,
a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á normalidade.
Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.
Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista e chea de agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos a aquilo que
en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir en harmonía.
Añadir a mis favoritos
Compartir