CIENCIAS DA NATUREZA. 5 PRIMARIA. MÁIS CELME
Isabel Pueyo Lobera / Antonio Jose Hidalgo Moreno / Alberto Navarro Elbal / Alberto Peña Perez35,02 €
- Editorial: SM
- Año de edición: 2020
- Materia: Libros de texto
- ISBN: 978-84-9854-742-9
- Páginas: 136
- Encuadernación: Rústica
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Gallego
35,02 €
Alerta disponibilidad online35,02 €
O proxecto Máis Celme para a área de Ciencias da Natureza utiliza diferentes ferramentas e metodoloxías para motivar na aprendizaxe das ciencias, facilitar a súa comprensión e comprobar a súa aplicación. Para iso, os contidos en cada epígrafe organízanse en tres fases de aprendizaxe: Activámonos, Comprendemos e Aplicamos, nas que se intercalan actividades que promoven a aprendizaxe cooperativa. Moitos Activámonos e Aplicamos propóñense en forma de Talleres experimentais. Esta filosofía xeral do proxecto de promover unha aprendizaxe activa concrétase nunha Tarefa final trimestral que baixo o título Mellora integra coñecementos, habilidades, competencias e intelixencias múltiples. Para facilitar a accesibilidade dos contidos, o proxecto Máis Celme de Ciencias da Natureza coida especialmente a redacción e o vocabulario utilizado. A comprensión e a aprendizaxe dos contidos refórzase cun programa concreto de Comprensión lectora. Para progresar e ir superando barreiras, as actividades secuéncianse por orde de dificultade, e algunhas contan con apoios e desenvolvementos complementarios no recurso didáctico.
Añadir a mis favoritos
Compartir