- Editorial: GALAXIA
- Año de edición: 2021
- Materia: Documentación
- ISBN: 978-84-9151-767-2
- Páginas: 172
- Encuadernación: Rústica
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Español
17,10 €
Alerta disponibilidad online17,10 €
PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXÍA 2020
Debuxar o mundo xorde da experiencia dos autores como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo do debuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente ao ser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo. O libro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigación artística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista). Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado); experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas; favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas; e educar o sentido estético.
Añadir a mis favoritos
Compartir