MARUXA

MARUXA

14,90 €

  • Editorial: EDITORA OQO
  • Año de edición:
  • Materia: Narrativa de 3 a 6 años
  • ISBN: 978-84-9871-490-6
  • Páginas: 28
  • Encuadernación: Cartoné
  • Colección: (O) Contos A Pedir De Boca (G) (3/7 Anos
  • Idioma: Gallego

14,90

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

14,90 €

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
Maruxa cosía, varría e labraba.
Benito cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día...

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.


Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.

Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos típicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne, verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal e carne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia.


As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal, senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta que manifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unha actitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o ton humorístico que caracteriza todo o relato.

Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a idea orixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada e rimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este texto permite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a música de orixe.

De igual modo, o álbum ilustrado ofrece a mesma anécdota argumental que a canción: a protagonista di que non poder facer o pan porque lle faltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Entón, decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, só que, a modo de escarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadido que isto lle supón a Pepiño.
El vai facendo, un a un todos os recados cada vez máis desmesurados como o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volve faltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura para conseguilo.
Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, que está moi cansa e será a el a quen lle toque, tamén, amasar o pan. Deste xeito, a través do enxeño e do sentido do humor, consegue que Pepiño entenda, por experiencia propia, o inxusto da situación que viviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como o lecer, deben ser cousa de dous. Este é o verdadeiro transfondo da historia: o cambio de actitude de Pepiño respecto de Maruxa, que se evidencia e reforza a través do traballo da ilustradora portuguesa Mafalda Milhões.

A artista portuguesa revela esta evolución do personaxe nas gardas, cuberta, portadiña e páxina de créditos. Nelas, o lector atopa unha contextualización previa e posterior á acción do texto, que realmente se produce nun só día, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propia do amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do día).


Deste xeito, nas gardas do inicio do álbum, pódese ver a unha Maruxa totalmente entregada ás tarefas do fogar, mentres que Pepiño, ocioso, non colabora en absoluto. Un comportamento que se transforma radicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa e axuda a súa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan, que aparece por primeira vez xa cociñado.

As ilustracións de Mafalda Milhões tamén aportan información crave dos protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperbólicos, descubrimos con claridade cando están anoxados, tristes, tramando... De igual modo, non faltan nas páxinas deste álbum os detalles, tan característicos na artista lusa, que transportan o lector ao universo da cociña e a tamén a Polonia (muíños, paisaxes e barrios típicos do país polaco). Así como a presenza constante do canciño que os acompaña todo o conto e que acaba sendo, dalgún modo, cómplice da situación.

Ademais, a ilustradora, buscando a complicidade do lector, decide xogar coa descontextualización, tanto nos moitos obxectos e electrodomésticos que podemos descubrir na casa do matrimonio (reconstrución dun fogar tradicional, pero no que hai lavadora, ordenador...) como na propia protagonista. Así, Maruxa, aínda que cociña e limpa, non deixa de ser unha muller actual e moderna, que usa as novas tecnoloxías e loita polo recoñecemento dos seus dereitos.

En todo momento, tanto o texto como a imaxe buscan comunicar unha mensaxe onde o sentido do humor é o protagonista, á vez que pretenden deixar un pouso para a reflexión dos pequenos lectores: saber poñernos na pel do outro axúdanos a ver as cousas desde outra perspectiva, empatizar cos demais e, consecuentemente, ser máis xustos e máis solidarios.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar