- Editorial: PATAS DE PEIXE
- Año de edición: 2021
- ISBN: 978-84-946341-7-8
- Páginas: 43
- Encuadernación: Cartoné
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Gallego
16,00 €
Añadir a mi cestaConsigue 0,80 puntos TROA
16,00 €
Consigue 0,80 puntos TROA
Oliver Jeffers escribiu este libro para o seu fillo Harland antes de que nacera.
Sentiu a necesidade de escribirlle unha guía sobre o que había atopar no mundo nada
máis chegar a el. É unha guía que nos leva desde o máis afastado, o espazo e os
planetas, ata o máis íntimo, os afectos, pasando polos mares, paisaxes, corpos e demais
fundamentos da vida. Debuxado he escrito co humor e beleza que caracteriza a Jeffers,
este libro fainos reflexionar sobre as esencias da vida, e a importancia de coidarmos o
planeta para podermos coidar entre nós. É unha lectura divertida, fermosa e fundamental
que non debe faltar en ningún fogar.
Crítica e enfoque pedagóxico: Este libro funciona como un zoom que vai do máis
grande ao máis pequeno, e a través desta estratexia narrativa o autor mostra todo o que
temos na terra e a nosa función no planeta. Un libro con tantas capas como lecturas.
Primeiro, o trazo imponente de Jeffers que con cada libro que publica mellora en técnica
e capacidade narrativa desde o visual. Os seus debuxos son alegres, intelixentes,
retranqueiros e tenros, nun combinado perfecto. Desde un punto de vista didáctico, é un
libro cheo a rebordar de cousas que sinalar, nomear e repetir. Hai planetas, animais,
medios de transporte, nacionalidades, deportes, paisaxes, partes do corpo, etc. Mais
este libro, a difrenza de outros libros para prelectores non se limita a mostrara
diversidade, senón que o motor do mesmo é o afecto co que un pai lle describe ao fillo
o fogar no que medrará e as reponsabilidades que vivir na terra implica. Desde un punto
de vista do xénero, é undos poucos referentes dunha relación pai e fillo na literatura
infantil en clave afectiva. Cómpre termos libros coma este entre mans que desmonten a
idea ddas masculinidades tradicionais e mostren as relacións entre homes como un
camiño afectivo e xeneroso de responsabilidades compartidas. Un pai, un fillo e o nos
planeta ábrennos un libro marabilloso que debería vir cun pano do nariz de regalo, pois
raro é se non acabas chorando os sete chorares do bonito e tenro que é na súa última
páxina.
Añadir a mis favoritos
Compartir