- Editorial: KALANDRAKA
- Año de edición: 2023
- Materia: Álbum ilustrado
- ISBN: 978-84-1343-245-8
- Páginas: 36
- Encuadernación: Cartoné
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Gallego
14,00 €
Añadir a mi cestaConsigue 0,70 puntos TROA
14,00 €
Consigue 0,70 puntos TROA
Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba. Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non é tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades. O osiño Chispa é unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada
Añadir a mis favoritos
Compartir